Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de maio de 2012 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/12/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus interesados ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 19 de abril de 2012, ditou resolución pola que se declara que as obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa e baixo cuberta, no lugar de Pontes, parroquia de Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Jacobo Costas Estévez, Xulio Costas Estévez, José Manuel Costas Estévez e Javier Costas Estévez, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística