Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de maio de 2012 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 123/2012 no expediente de reposición da legalidade número IU3/47/2010, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co procedemento ordinario núm. 123/2012, interposto por Francisco Díaz Celaa, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade no expediente de reposición da legalidade urbanística, polo que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación destinada a uso residencial, no lugar de Gándara, concello de Monforte de Lemos, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a Eduardo Tomás Dalama Rodríguez para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística