Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19737

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Xestión Empresarial do Deporte.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo de 2012 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Xestión Empresarial do Deporte, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Xestión Empresarial do Deporte

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

40

Optativas

0

Prácticas externas

14

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Organización e Lexislación do Deporte

5

Obrigatorio

Organización e Lexislación do Deporte

Sistema de Información Económico-Financeira

5

Obrigatorio

Administración e Xestión Económico-Financeira

Financiación e Fiscalidade do Deporte

5

Obrigatorio

Xestión Deportiva e Calidade

5

Obrigatorio

Xestión, Organización e Explotación Deportiva

Planificación Estratéxica

5

Obrigatorio

Patrocinio e Márketing Deportivo

5

Obrigatorio

Patrocinio e Márketing Deportivo

Instalacións Deportivas

5

Obrigatorio

Xestión de Instalacións e Eventos Deportivos

Eventos Deportivos

5

Obrigatorio

Prácticas Externas

14

Obrigatorio

Prácticas Externas

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Xestión Empresarial do Deporte, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.