Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).
Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo de 2012 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).
Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.
Esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Bioloxía Mariña, que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 21 de abril de 2012.
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor de la Universidad de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Bioloxía Mariña
Rama de coñecemento: Ciencias.
Universidades participantes: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.
Tipo de materia |
ECTS |
Obrigatorias |
42 |
Optativas |
18 |
Prácticas externas |
18 |
Traballo fin de máster |
12 |
Créditos totais |
90 |
Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.
Materia |
ECTS |
Carácter |
Curso |
Módulo |
O Medio Mariño: Oceanografía Física |
3 |
Obrigatorio |
1.º |
I. Materias Básicas |
Botánica Mariña |
3 |
Obrigatorio |
||
Zooloxía Mariña |
3 |
Obrigatorio |
||
Microbioloxía Mariña |
3 |
Obrigatorio |
||
Ecoloxía Mariña |
3 |
Obrigatorio |
||
Fisioloxía de Organismos Mariños |
6 |
Obrigatorio |
||
Bases Moleculares da Adaptación ao Medio Mariño |
3 |
Obrigatorio |
||
Técnicas de Estudo de Organismos Mariños |
3 |
Obrigatorio |
||
Deseño Experimental e Recursos de Información |
3 |
Obrigatorio |
||
Técnicas de Mostraxe e Recoñecemento de Organismos e Comunidades Mariñas |
6 |
Obrigatorio |
1.º |
II. Materias Comúns |
Cartografía, S.I.G. e Teledetección |
3 |
Obrigatorio |
||
Xestión do Medio: Socioeconomía, Educación Ambiental e Lexislación |
3 |
Obrigatorio |
||
Bioloxía da Conservación |
3 |
Optativo |
1.º |
III. Usos Sustentables e Xestión do Medio Mariño |
Diversidade Xenética e as súas Aplicacións ao Estudo de Organismos Mariños |
6 |
Optativo |
||
Contaminación e Ecotoxicoloxía Mariña |
3 |
Optativo |
||
Bioloxía de Especies Explotadas e Potencialmente Explotables |
6 |
Optativo |
1.º |
IV. Recursos Mariños |
Avaliación e Explotación de Recursos no Litoral |
3 |
Optativo |
||
Pesquería e Explotación de derivados da Pesca |
3 |
Optativo |
||
Estatística Espacial e Modelización |
3 |
Optativo |
1.º |
V. Materias Optativas |
Especies Invasoras e Fouling |
3 |
Optativo |
||
Bioloxía do Desenvolvemento de Organismos Mariños |
3 |
Optativo |
||
Mecanismos de Toxicidade e Desintoxicación de Xenobióticos |
3 |
Optativo |
||
Prácticas Externas |
18 |
Obrigatorio |
2.º |
VI. Prácticas Externas |
Traballo Fin de Máster |
12 |
Obrigatorio |
VII. Traballo Fin de Máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Bioloxía Mariña, o alumnado deberá superar 72 ECTS obrigatorios dos módulos I, II, VI e VII, 12 ECTS dos módulos III ou IV e 6 ECTS dos ofertados no módulo V.