Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (RL 2012/0024-4 e RL 2012/0053-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Expediente: RL 2012/0024-4.

Acta: I362011000125618.

Empresa: Galimos, S.L.

NIF: B-36346484.

Enderezo: r/ Pinar, 9, baixo, O Porriño.

Materia: construción.

Preceptos infrinxidos: artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 3.a) e b), parte C do anexo IV, en relación co artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 39 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 7.3.2012.

Resolución: multa de 2.046 euros.

Expediente: RL 2012/0053-4.

Acta: I362012000006062.

Empresa: Xantares Vellos, S.L.

NIF: B-36592483.

Enderezo: r/ Oliva, 19, Pontevedra.

Materia: provisión de comidas preparadas para eventos.

Preceptos infrinxidos: artigo 43 do Estatuto dos traballadores e artigo 1 da Lei 14/1994, do 1 de xuño.

Preceptos sancionadores: artigos 5, 8.2 e 39.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 13.4.2012.

Resolución: multa de 6.251 euros.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 30 de abril de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo