Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 22 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 11/2011).

En relación á Resolución do 22 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello da Coruña (IN407A 11/2011), publicada no DOG n.º 76, do 20 de abril de 2012, e advertido erro é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 14622, onde di: «condutor tipo 2R.H.Z.1-2OL-12-720 kV-3(1×240 Al)», debe dicir: «condutor tipo 2R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al)».