Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de aprobación inicial dun proxecto de expropiación por taxación conxunta.

O Pleno da Corporación, na súa sesión extraordinaria celebrada o 30 de marzo de 2012, adoptou, entre outros, o acordo relativo á aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta de terreos destinados a equipamento escolar e zona verde anexa, na avenida de Rutis s/n, zona Lavandeira, en Culleredo, que na súa parte dispositiva di:

«Primeiro. Prestar aprobación, con carácter inicial, ao proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos destinados a equipamento escolar e zona verde anexa na avenida de Rutis s/n (zona Lavandeira) elaborado polos servizos técnicos municipais, de data 26 de de marzo de 2012.

A relación de propietarios obxecto da expropiación, de acordo co proxecto expropiatorio é a que se reflicte a seguir:

Parcela

Bens e dereitos afectados

Propietario

CIF/NIF

Superficie total
da parcela m2

1

0758301NH5905N0001BZ

Inculto

Comoen, S.A.

A-15067556

7.859,00

2

0758302NH5905N0001YZ

Inculto

Insoja, S.L.

B-15362445

3.808,00

5

0758305NH5905N0001PZ

Inculto

María Clara Rama Rumbo

32387600-N

4.565,00

6

0758306NH5905N0001LZ

Inculto

Descoñecido

275,00

7

0758307NH5905N0001TZ

Inculto

Descoñecido

403,00

8

0758308NH5905N0001FZ

Inculto

Descoñecido

2.805,00

Segundo. Someter a información pública o proxecto de expropiación cos seus documentos polo prazo dun (1) mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de editos do Concello e no xornal La Voz de Galicia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións ou reclamacións convenientes, en particular no que atinxe á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

Terceiro. Conforme o disposto no artigo 143.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, notificar individualmente ás persoas que aparecen como titulares dos bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e do informe técnico en que se recollen os criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun (1) mes, contado desde a data de notificación.

As publicacións referidas, particularmente o anuncio no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de editos do Concello, servirán de notificación para os interesados e posibles titulares dominicais ou doutros dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens que se van expropiar que resulten descoñecidos ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica de notificacións, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Se, efectuada a referida publicación, non comparecen os propietarios descoñecidos, entenderanse as dilixencias co Ministerio Fiscal».

Culleredo, 13 de abril de 2012.

Julio Sacristán de Diego
Alcalde