Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 8 de maio de 2012 polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente número 32029/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase á sociedade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Consumo o 12 de abril de 2012.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida de Zamora n.º 13-baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 8 de maio de 2012

Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo

ANEXO

Expediente número: 32029/2012.

Interesada: Grupo Monsou, S.L.

NIF: B33967688.

Acto notificado: inicio do expediente sancionador.