Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de abril de 2012 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D15.17304.

O 24 de xaneiro de 2012 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia, seguido contra José Ramón Dogambide Casais pola comisión dunha infracción de carácter leve, tipificada no artigo 116.3.d) do texto refundido da Lei de augas e 315.c) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9. 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2012.

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia