Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de 1.400.000 unidades de identificación para animais da especie bovina (expediente 27/2011).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 1.400.000 unidades de identificación para animais da especie bovina.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16735

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 212, do 7 de novembro de 2011.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 1.982.400 € (IVE excluído).

Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.260.000 €, Importe total: 1.486.800 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de xaneiro de 2012.

b) Adxudicataria: I&M. Bernareggi, SRL.

c) Importe: 809.480,00 € (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 2 de maio de 2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: presentou a oferta económica mellor valorada.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

P.D. (Orde do 30-3-2012, DOG n.º 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar