Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANUNCIO do 4 de maio de 2012 polo que se publica requirimento de documentación xustificativa e apertura de trámite de audiencia a entidades sen ánimo de lucro que resultaron beneficiarias de subvencións, ao abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2011, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR521A).

A Resolución do 24 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e procede á súa convocatoria para 2011 (procedemento administrativo PR521A, DOG n.º 64, do 31 de marzo de 2011).

A resolución de concesión de subvencións ao abeiro da citada convocatoria foi ditada e notificada aos beneficiarios. Superada a data límite de presentación da documentación xustificativa da subvención, establecida no artigo 18 das bases reguladoras da convocatoria, modificada por Resolución do 16 de setembro de 2011 (DOG n.º 187, do 29 de setembro), o órgano instrutor revisou as xustificacións presentadas, identificando expedientes nos que non se reúne algún dos requisitos exixidos.

Así mesmo, o artigo 8 das bases reguladoras dispón que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, os requirimentos se realizarán preferentemente mediante publicación no DOG, e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará no taboleiro electrónico de anuncios ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase facer indicación de que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado taboleiro.

Adicionalmente, o artigo 46 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que cando o órgano administrativo competente aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, e porá no seu coñecemento e lle concederá un prazo de dez días para a súa corrección.

De conformidade co disposto no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, o órgano competente para resolver o procedemento administrativo PR521A é a dita axencia.

Na súa virtude,

ACUERDO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dunha relación de expedientes do procedemento administrativo PR521A que están suxeitos a requirimento de documentación xustificativa e apertura de trámite de audiencia, segundo o establecido no artigo 46 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta relación achégase como anexo do presente anuncio.

2. Identificar o taboleiro electrónico e o taboleiro presencial que se describen neste anuncio, como os medios e lugares onde se remite aos interesados para que obteñan información particularizada dos feitos aquí recollidos, coa indicación de que será onde se publicarán os sucesivos actos integrantes deste procedemento administrativo.

3. Facer indicación expresa a todos os interesados recollidos no anexo de que son requiridos para que, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG, aleguen, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme o recollido no taboleiro electrónico citado. De non o facer, resolverase o expediente coa documentación dispoñible.

De conformidade coas bases reguladoras, no caso de requirirse certificados acreditativos da inexistencia de débedas coas distintas administracións públicas, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta efectuada polo órgano xestor, o que se indicará na información particularizada para cada interesado. No caso de que por razóns alleas ao solicitante non se poidan obter os devanditos certificados dentro do prazo de emenda concedido, os solicitantes deben achegar inescusablemente o orixinal ou copia compulsada do xustificante da solicitude en prazo do devandito certificado, achegando o certificado orixinal en canto lle sexa entregado pola Administración correspondente.

4. Identificar que o acceso aos contidos do devandito taboleiro electrónico pode facerse por tres canles electrónicas distintas. Para empregar calquera das tres canles o interesado deberá dispoñer da primeira folla dos formularios de solicitude, ben en formato papel ou ben en arquivo PDF, que se xerou no seu momento coa aplicación de formalización de formularios de subvención.

4.1. Acceso pola web www.xunta.es, empregando un código electrónico.

O interesado debe acceder á páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), sita no enderezo http://imit.xunta.es, e seleccionar a opción Axudas, co que se amosa o servizo do taboleiro electrónico. Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico deberá introducir, tecleando, o código electrónico (de entre 16 a 20 caracteres alfanuméricos) existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade no acceso á información de cada solicitante. O enlace dereito a este servizo é o seguinte:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/

4.2. Acceso nun clic desde o arquivo PDF da solicitude.

O interesado debe abrir o arquivo PDF da solicitude cun visor Acrobat Reader. Na parte inferior dereita da primeira folla dispón dunha figura con cadrados brancos e negros, un código QR. Premendo clic dentro da figura do código QR activará un enlace personalizado co que accede directamente á información.

4.3. Acceso a través dun dispositivo móbil, coa fotografía do código QR.

O interesado debe fotografar o código QR da solicitude e dispoñer no seu dispositivo móbil dun software de recoñecemento e acceso a internet, que lle permita enlazar coa URL que está codificada na matriz bidimensional do código QR.

Disponse de información explicativa adicional sobre o uso das canles electrónicas citadas no seguinte enlace:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/pregunta4.html

Para a presentación da documentación poden seguir as instrucións de xustificación dispoñibles no taboleiro electrónico.

5. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través do teléfono 981 54 55 83, do enderezo de correo electrónico sxmit.axudas@xunta.es, ou presencialmente no edificio administrativo de San Caetano, bloque 5-4.º andar, en Santiago de Compostela (A Coruña). Na Área de Sociedade Dixital da Amtega tamén se disporá dun taboleiro presencial onde poderá accederse en formato papel á información particularizada para cada un dos expedientes recollido no dito anexo, o que garante a igualdade no proceso de notificación para todos os solicitantes nun procedemento de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

José Luis Somoza Digón
Xefe do Departamento Xurídico da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia

Anexo
Expedientes suxeitos a requirimento de documentación xustificativa e apertura
de trámite de audiencia do procedemento PR521A

Composto polos 18 expedientes seguintes:

Entidade

NIF

Num. expediente

PR521A–2011

Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia

G15557143

16391

Asociación de Dano Cerebral da Coruña

G15780166

15919

Asociación de Empresarias da Provincia de Ourense

G32104663

16440

Asociación de Empresarios Discapacitados Autónomos de Galicia

G70256565

16450

Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia

G70089156

16135

Asociación de Escritores en Lingua Galega

G15039936

16121

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer

G15538838

15850

Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego

G15592801

16163

Asociación Galega de Editores

G15130594

16231

Asociación Juan XXIII

G36012128

16115

Asociación O Son do Pobo

G94017704

16492

Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia

G36028603

16380

Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo

G27021005

16439

Asociación Provincial de Empresarios de Restauración y Hospedaje de Santiago

G15063613

16166

Asociación Xaruma

G27746486

16288

Fundación Coren

G32246951

16310

Fundación para a Defensa dos Consumidores

G15761042

16236

Unión de Cooperativas. Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

F15156557

16025