Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2011/125 e LU-RES 2012/033.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentenda dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos que son obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla n.º 70-2.º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do plazo fixado.

Lugo, 26 de abril de 2012.

José M.ª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2011/125.

Interesado: Iván Figueroa Martínez.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2012/033.

Interesado: Alexandru Baltag Sali.

Acto notificado: resolución de arquivo de denuncia.