De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede desta Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, edificio administrativo Monelos, 5.º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 26 de abril de 2012.
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2009-0094.
Interesada: Excavaciones Riper, S.L.
Acto notificado: 3.ª imposición multa coercitiva e novo apercibimento.