Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de maio de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Gestión de Obras e Infraestructuras, S.L. e Carniceiros do Xalla-Barbanza, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa A Pastoriza 8-4.º, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Gestión de Obras e Infraestructuras, S.L.

B36240976

R/ Benito Corbal, 14-8.º A

36001 Pontevedra

500120006326

500120006328

225.000,00 €

14.886,99 €

Carniceiros do Xalla-Barbanza, S.A.

A15515703

Lg. A Castiñeira-A Pereira

15837 Santa Comba (A Coruña)

500120005957

500120005960

85.314,27 €

25.455,12 €