Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de maio de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan liquidacións de xuros de aprazamentos/fraccionamentos de pagamento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Técnica Instalación Coruña, S.L. e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse liquidacións de xuros de aprazamentos/fraccionamentos de pagamento pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para ser notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa A Pastoriza 8-4.º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importes

Técnica Instalación Coruña, S.L.

B15703168

Praza José Toubes Pego, 2 bx. esq.

15006 A Coruña

510110000678

20,70 €

Transportes M Dopazo, S.L.

B36896462

Rúa Severino Cobas

36207 Vigo (Pontevedra)

510100000270

14,63 €

Transportes Taboada, S.L.

B36621027

Rúa Concepción Arenal, 3-2 B

36201 Vigo (Pontevedra)

510110000673

80,41 €

Solla Tilve, Jorge

35320439Y

R/ Ramón Cabanillas, 99-1 B

36950 Moaña (Pontevedra)

510110000677

3,15 €