Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2012 Páx. 19040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de maio de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Del Pino Gallego, Mercedes e Martínez Philippon, Andrea).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa A Pastoriza, 8, 4.º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Del Pino Gallego, Mercedes

28628267Y

Avda. Rodrigo de Mendoza, 71, 4 A

36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

500120006470

1.597,00 €

Martínez Philippon, Andrea

76896396J

Rosalía de Castro, 21, 5.º F

36860 Ponteareas, Pontevedra

500120004734

899,58 €