Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo non suxeito a regulación harmonizada de execución da obra pública hidráulica de emisario submariño en San Cibrao, Cervo (Lugo), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1) Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

2) Obxecto do contrato: obra.

Descrición: emisario submariño en San Cibrao, Cervo (Lugo).

Número de expediente: OH.327.593.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232424-0.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 237, do 14 de decembro de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.828.581,18 euros. Importe total: 2.157.725,79 euros.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Data de adxudicación: 10 de abril de 2012.

Importe de adxudicación: importe neto: 1.574.042,68 euros. Importe total: 1.857.370,36 euros.

Data de formalización do contrato: 23 de abril de 2012.

Contratista: Constructora San José, S.A.

Vantaxes das ofertas do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun setenta por cento (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3, ambiente, medio natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios. Unha maneira de facer Europa.

O cofinanciamento europeo, así mesmo, fíxose público no perfil do contratante e foi comunicado de xeito individual aos licitadores.

4) Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG n.º 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia