Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012 pola que se modifica a Resolución do 20 de abril de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio e tramitación urxente, do contrato de subministración e instalación do equipamento necesario para a homoxeneización e visualización remota do sistema de videovixilancia dos portos do ente público Portos de Galicia (EPPG), non suxeito a regulación harmonizada.

No apartado 5.b) da Resolución do 20 de abril de 2012, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 83, do 2 de maio, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación urxente, do contrato de subministración e instalación do equipamento necesario para a homoxeneización e visualización remota do sistema de videovixilancia dos portos do ente público Portos de Galicia (EPPG), non suxeito a regulación harmonizada, disponse que o prego de prescricións técnicas particulares (PPT), o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o cadro de características do contrato (CCC) se poderán obter no perfil de contratante, no seguinte enderezo: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17421

Advertidos erros no contido do anuncio de licitación e no CCC que rexerá a referida licitación, cómpre efectuar as seguintes modificacións:

– Na páxina 16040 do anuncio de licitación, onde di: «Resolución do 20 de abril de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio e tramitación urxente, do contrato non suxeito a regulación harmonizada de subministración que se cita», debe dicir: «Resolución do 20 de abril de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio e tramitación ordinaria, do contrato non suxeito a regulación harmonizada de subministración que se cita».

– Na páxina 16041 do anuncio de licitación, no apartado 3.a) onde di: «Tramitación: urxente», debe dicir: «Tramitación: ordinaria».

– No apartado 4.4 do CCC, onde di: «Tramitación do expediente: urxente», debe dicir: «Tramitación do expediente: ordinaria».

– No anexo I do CCC apróbase unha modificación do seu contido, que deixa sen efecto o anterior anexo I, e autorízase unha nova redacción do modelo de oferta económica.

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881 881 645.

2. Enderezo en internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=17421

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, o contrato de subministración de referencia, que rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo (20.º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia