Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación do servizo de xardinaría en diferentes centros dependentes desta xerencia (AB-ASF1-12-009).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (unidade de contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfonos: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-12-009.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: xardinaría en diferentes centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): dous lotes.

– Lote 1: hospitais.

– Lote 2: centros de saúde.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 71421000-5.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

– Lote 1: hospitais.

• Valoración técnica do proxecto: ata 45 puntos.

• Oferta económica: ata 40 puntos.

• Achega de mellora valorada economicamente: ata 10 puntos.

• Achega de mellora: ata 5 puntos.

– Lote 2: centros de saúde.

• Valoración técnica do proxecto: ata 50 puntos.

• Oferta económica: ata 50 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

– Lote 1: hospitais.

a) Importe neto: 59.322,03 €.

b) IVE: 10.677,97 €.

c) Importe total: 70.000,00 €.

– Lote 2: centros de saúde.

a) Importe neto: 12.203,38 €.

b) IVE: 2.196,62 €

c) Importe total: 14.400,00 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Otros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: por conta do/s adxudicatario/s.

10. Outras informacións: portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos, perfil de contratante: www.sergas.es

Ferrol, 27 de abril de 2012.

P.D. (Orde 28.9.2011; DOG n.º 188, do 30 de setembro)
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol