Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Innovación e Industria

ACORDO do 11 de marzo de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2001/467-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310 ), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Narahío, S.A.

Domicilio social: Vista Alegre s/n, Doso. 15577 Narón.

Denominación: C.T. de Pedra.

Situación: Narón.

Características técnicas: centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA de potencia situado no lugar de Pedra, intercalado na L.M.T. ao C.T. Pedroso. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán examina-lo expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de marzo de 2008.

José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña