Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización dunha instalación eléctrica no concello de Boqueixón (expediente IN407A 2012/48).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UDESA.

Enderezo social: rúa José Ángel Valente, n.º 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Villalapaz.

Situación: Boqueixón.

Características técnicas: paso aerosubterráneo que se realizará no apoio n.º 5, proxectado de tipo H.V.H.-15/2500, que substitúa o existente da L.M.T. a C.T. do Casal, cunha tensión nominal de 20 kV.

L.M.T. subterránea a C.T. Villalapaz. Inicio da liña: paso aerosubterráneo que se realizará no apoio n.º 5 de tipo H.V.H.-15/2500, que substitúe o existente da L.M.T. a C.T. do Casal.

Final da liña: paso aerosubterráneo que se realizará no apoio n.º 5 do Casal, despois de realizar a entrada e a saída no C.T. Villalapaz proxectado de terceira categoría, cunha lonxitude de 940 m. Condutor R.H.Z.1-2 OL-12/20 kV-3 (1×95 Al).Tensión nominal 20 kV.

C.T. Villalapaz. Edificio prefabricado de formigón, con transformador de 100 KVA de potencia e relación de transformación 20/0,4 kV. Illamento de aceite mineral. Protección contra sobretensión mediante termómetros de contactos e protección contra sobreintensidades mediante fusibles de 6 A.

Saída R.B.T. subterránea de C.T. Villalapaz. Orixe: C.T. Villalapaz proxectado. Lonxitude de 37 m. Condutores X.Z.1-06/1 kV-4 (1×240 Al) e 1 circuíto.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, sito no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña