Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se modifica a Resolución do 28 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Xinzo-Verín, nos termos municipais de Xinzo de Limia, Cualedro, Trasmiras, Monterrei e Verín (Ourense) (expediente IN407A 2002/72-3 A.T.).

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por Resolución do 28 de xuño de 2005 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizouse administrativamente, declarouse de utilidade pública e aprobouse o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Xinzo-Verín nos termos municipales de Xinzo de Limia, Cualedro, Trasmiras, Monterrei e Verín (Ourense), a nome de Iberdrola Diversificación, S.A. (actual Iberdrola Renovables Galicia, S.A.U.).

Segundo. Con data do 26 de novembro de 2008, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza en que se estima o recurso contencioso-administrativo, co número 8908/2005, interposto por Aurelio Bazal Bobillo e outros, contra a desestimación presunta do recurso de alzada presentado o 5 de agosto de 2005 contra a Resolución do 28 de xuño de 2005 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Xinzo-Verín e se declara a nulidade da imposición de servidumes de paso para a liña de alta tensión referida sobre as propiedades dos que neste preito actuaron como demandantes en canto poidan verse afectados por ela de calquera outras actuacións no expediente expropiatorio que se deriven para os seus intereses consonte ao nesta resolución declarado.

Terceiro. Con data do 20 de abril de 2012 o conselleiro de Economía e Industria dita orde de acatamento da devandita sentenza, dispoñendo que se cumpra nos seus propios termos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Decreto 79/2009, do 19 de abril, e no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polos que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e das súas consellerías (DOG do 20.4.2009 e 5.1.2012, respectivamente), no Decreto 324/2009, do 11 de xuño (DOG do 17 de xuño) polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, modificada pola Lei 17/2007, do 4 de xullo, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Modificar a Resolución do 28 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV Xinzo-Verín nos termos municipais de Xinzo de Limia, Cualedro, Trasmiras, Monterrei e Verín (Ourense). Expediente: IN407A 2002/72-3 A.T., deixando sen efecto a declaración de utilidade pública para a liña de alta tensión referenciada sobre os predios n.º 1115, n.º 1139, n.º 1145, n.º 1159, n.º 1167, n.º 1174, n.º 1176, n.º 1177, n.º 1178, n.º 1191, n.º 1195, n.º 1198 y n.º 1198/1 do plano parcelario da instalación, en canto poidan verse afectadas pola mesma, e de calquera outra actuación no expediente expropiatorio que se deriven para os intereses dos seus propietarios.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas