Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 3 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2011/000952-5 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir encóntranse á disposición dos interesados na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar de Vigo, r/ Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000952-5.

Denunciado: Víctor Manuel Reirís Pérez.

DNI: 35479002-F.

Enderezo: Rodrigo Mendoza 3, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000974-5.

Denunciado: Alfredo Budiño Gómez.

DNI: 52494505-H.

Enderezo: Montemogos 50, Beluso-Bueu (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.A.1, 137.B.6, 137.B.14.

Sanción: 2.260 euros.

N.º de expediente: PESAN1 2011/001007-5.

Denunciado: Francisco Fernández Grande.

DNI: 36009180-N.

Enderezo: Xílgaro 18-9.º C, Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 136.A.1, 137.B.2.

Sanción: 211 euros.

N.º de expediente: PESAN1 2011/001271-5.

Denunciado: Óscar Méndez Pazos.

DNI: 36144237-J.

Enderezo: camiño Gandarela n.º 11, Baiona (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 3 de maio de 2012.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra