Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2011/706-1 e RL 2011/707-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

• Expediente n.º: RL 2011/706-1.

Acta inf. n.º: I152011000173675.

Empresa: A Quella das Cruces, S.L.

NIF: B15952674.

Enderezo: rúa Federico Tapia, 56-baixo, 15005 A Coruña.

Materia: traballo (transgresión dos límites legais ou pactados en materia de xornada e falta de ocupación efectiva).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.a), 12, 23 e 34 a 38 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e disposición adicional terceira do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro.

Tipificación: artigos 7.5 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 40.1.b) do dito texto legal (dúas faltas graves en grao mínimo, por importe de 626 euros cada unha).

Data resolución: 13 de abril de 2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa A Quella das Cruces, S.L. unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta e dous euros (1.252 €).

• Expediente n.º: RL 2011/707-1.

Acta inf. n.º: I152011000177719.

Empresa: Manuel Eduardo Caramés Castro.

NIF: 76317886E.

Enderezo: rúa Pedroso 43, 15007 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (falta documentación preventiva).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e artigos 14, 16, 18, 19, 22, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación cos artigos 1 a 10, ambos inclusive, do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigos 5.2 e 12.a) e b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data resolución: 13 de abril de 2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Manuel Eduardo Caramés Castro unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 26 de abril de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña