Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica L.M.T. e C.T. para centro de servizos ao viaxeiro no concello de Riós (expediente IN407A 2012/5-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Vec Riós, S.L.

Domicilio social: As Ferreiras, 32611 Riós.

Denominación: L.M.T. e C.T. para centro de servizos ao viaxeiro.

Situación: Riós.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 20 kV de 15 m en aéreo con condutor LA-56 e 120 m en subterráneo con condutor R.H.Z.-1 20L 3×95 mm2 e orixe na L.M.T. VER 807 e remate no C.T. proxectado prefabricado en caseta de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 36.358,50 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 25 de abril de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense