Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2012/73-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Sasemar - S. Salvamento y Seguridad Marítima.

Domicilio social: Fruela, 3, 28011 Madrid.

Denominación: liña M.T. e C.T. heliporto Cee.

Situación: Ruibó, Lires, Cee.

Descricións técnicas: L.M.T. con inicio en torre 133-3 da liña POT8132 (A Pontella, Fisterra) e final en centro de transformación de abonado para alimentación do heliporto de salvamento marítimo. Tramo aéreo de 13 m, paso aerosuterráneo seccionadores XS, LA-56, e tramo subterráneo de 287 m, 95 mm2 Al, R.H.Z.1-20L 12/20 kV, e centro de transformación 100kVA, 20/0,4 kV, prefabricado, refrixeración natural, aceite.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; praza Luís Seoane, s/n, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña