Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1148/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1148/2011, por instancia de Francisco Javier Chouza Hermida contra Martínez Espasinde Sabino, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data 20 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Francisco Javier Chouza Hermida, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a entidade Martínez Espasinde Sabino, en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do seu despedimento, condenando a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 1.618,28 euros, máis en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que na data desta sentenza ascenden a 6.271,35 euros, calculándose o resto dos días a 36,46 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Martínez Espasinde Sabino, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado