Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2012 pola que se sinalan datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento dos bens e dereitos afectados polo expediente complementario de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Pontevedra).

1. Por Resolución de 10 de maio de 2010 do director xeral do IGVS foi modificada a Resolución do 1 de marzo de 2004 pola que se acorda o inicio polo procedemento de taxación conxunta e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución da Plataforma Loxística-Industrial, en Salvaterra de Miño-As Neves (Pontevedra). En cumprimento da sentenza firme n.º 2125/2008, do 28 de maio, da Sección 3.ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na devandita resolución inclúese na relación de bens e dereitos afectados o dereito arrendaticio relativo ao predio 6721AR1 a favor da entidade Áridos Chan de Salgosa, S.L., iniciándose o expediente expropiatorio para a determinación do xusto prezo.

2. Por resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 15 de marzo de 2011 modificouse a resolución do director xeral de Urbanismo do 20 de xullo de 2004 pola que se aproba definitivamente o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución da Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Pontevedra). A resolución de modificación é relativa á inclusión definitiva do dereito arrendaticio a favor da entidade Áridos Chan de Salgosa, S.L. na relación de bens e dereitos afectados no seu día publicada, para os efectos do previsto nos artigos 143 e 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (modificada polas leis 15/2004, do 30 de decembro, 6/2007, do 11 de maio, 3/2008, de 23 de maio, 6/2008, do 19 de xuño, 18/2008, do 29 de decembro), manténdose o contido restante da referida resolución en todo o que non contraveña o expresado.

3. De conformidade co artigo 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

4. Polo anterior procede fixar as datas en que se procederá ao levantamento das correspondentes actas de pagamento de conformidade co artigo 49 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

5. En consecuencia convócase e cítase os/as titulares dos bens e dereitos afectados por este expediente para proceder ao levantamento das actas de pagamento que se efectuarán na Casa da Cultura do Concello de Salvaterra de Miño, rúa Raíña Dona Urraca núm. 12, no día e hora que se refiren na lista anexa.

6. Para os ditos actos deberá terse en conta:

– Que se o/a expropiado/a non quixer aceptar o pagamento ou, en xeral, se concorrer algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos (art. 206.1 do Regulamento de xestión urbanística).

– Que para o cobramento do prezo xusto é necesario/a a comparecencia do interesado por si ou debidamente representado/a con poder suficiente e, no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas, é necesaria a comparecencia de todas elas por si ou debidamente representadas con poder suficiente.

7. Notifíquese esta resolución aos/ás interesados/as e publíquese no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Salvaterra de Miño, o que servirá de notificación de conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Actas de pagamento dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Pontevedra)

N.º predio

Ref. catastral

Titular/interesado

Descrición e valoración de bens e dereitos

Acta de pagamento

Data

Hora

Lugar

672AR1

Polígono 2, parcela 322

Áridos Chan de Salgosa, S.L.

Indemnización por extinción de arrendamento

4.6.2012

9.00

Casa da Cultura do Concello de Salvaterra de Miño