Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012006TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de febreiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2012006TA-OU, a Cristian Fernández Paz, DNI 76734023-C.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Cristian Fernández Paz, DNI 76734023-C, o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo quince días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, n.º 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de abril de 2012.

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2012006TA-OU.

Denunciado: Cristian Fernández Paz.

Documento de identificación: 76734023-C.

Último enderezo coñecido: Elena Quiroga núm. 22, 2.º A, Viloira. 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).