Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 18165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 25 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución da solicitude de revogación número RVO/AU/2012/00001, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á interesada Enriqueta Iglesias Novegil, co último domicilio coñecido na avenida García Barbón, 97-1.º B, Vigo (Pontevedra), a resolución que desestima a solicitude de revogación número AU-2012/00001, formulada contra a resolución do director xeral de Urbanismo do 25 de xaneiro de 2008, pola que se acorda impoñer unha multa coercitiva polo importe de seis mil euros (6.000 €), como consecuencia do incumprimento do ordenado nas resolucións do director xeral de Urbanismo do 18 de maio de 2006 e 25 de setembro de 2007, nas cales se declaran ilegalizables as obras de recheo, desmonte e de construción dunha vivenda unifamiliar, composta de soto de 107 m2, planta baixa de 91,30 m2 e planta piso de 89 m2 para uso residencial, en Mengüello, San Xián, Arealonga, no termo municipal de Marín (expediente de reposición da legalidade urbanística núm. 107 B 2005/71-0, que na súa parte dispositiva di:

«Resolvo desestimar no expediente n.º RVO/AU/2012/00001 a solicitude de revogación, presentada por Enriqueta Iglesias Novegil, da resolución do director xeral de Urbanismo do 25 de xaneiro de 2008, pola que se acorda impoñer unha multa coercitiva por importe de seis mil euros (6.000 €), como consecuencia do incumprimento do ordenado nas resolucións do director xeral de Urbanismo do 18 de maio de 2006 e 25 de setembro de 2007, en que se declaran ilegalizables as obras de recheo, desmonte e de construción de vivenda unifamiliar composta de planta soto de 107 m2, planta baixa de 91,30 m2 e planta piso de 89 m2 para uso residencial, en Mengüello, San Xián, Arealonga, no termo municipal de Marín (expediente de reposición da legalidade urbanística núm. 107 B 2005/71-0).

Contra esta resolución, que é firme en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10.1.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao do remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas