Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17826

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra

ANUNCIO de contratación de operario de servizos.

O presidente do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, mediante Resolución do 4 de novembro de 2011, resolveu contratar a Agustín Corredoira Piay, con DNI número 76829787-N, para un posto de operario de servizos do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, en réxime laboral, con carácter fixo, con efectos económicos e administrativos do día 16 de novembro de 2011.

A dita contratación efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, á cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no punto segundo da parte dispositiva da resolución de contratación.

Contra a precedente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 20 de marzo de 2012.

Agustín Fernández González
Presidente do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra