Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17827

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira.

O presidente do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, mediante Resolución do 29 de febreiro de 2012, nomeou funcionaria de carreira deste organismo autónomo a María del Pilar Riveiro Rodríguez, con DNI 44087331-B, para ocupar unha praza de administrativo da escala de Administración xeral, subescala administrativa, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre, e da que toma posesión con efectos económicos e administrativos do 1 de marzo de 2012.

O dito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a precedente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 20 de marzo de 2012.

Agustín Fernández González
Presidente do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra