Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2012 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario, do contrato de servizo para a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental da obra de conexión CG 1.5 en Sampaio-Portobravo (clave AC/12/031.01) (AT/008/2012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 981 54 99 86.

5) Telefax: 981 54 47 91.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17464

d) Número de expediente: AC/12/031.01. (AT/008/2012).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental da obra de conexión CG 1.5 en Sampaio-Portobravo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Localidade e código postal: A Coruña.

e) Prazo de execución: 5 meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71.12.12.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 61.527,76 euros, sen IVE. IVE: 11.075 euros.

5. Garantías exixidas:

Garantía definitiva: 5% do orzamento de adxudicación (sen IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e a epígrafe J do seu cadro de características.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17464) con tres días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflectirase a nova data no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17464

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: 10,82 euros por liña.

11. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas