Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de reintegro polo concepto de axuda para contratación de seguros agrarios (Orde do 28 de decembro de 2007 pola que se establecen axudas á contratación de seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notificase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de reintegro polo concepto de axuda á contratación de seguros agrarios (Orde do 28.12.2007, pola que se establecen as axudas á contratación de seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008).

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico-Xurídico) da Consellería do Medio Rural e do Mar, situada no complexo administrativo San Caetano de Santiago de Compostela (bloque 5, Edificio dos Espellos, 2.º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente n.º: procedemento de reintegro polo concepto de axuda á contratación de seguros agrarios.

Interesada: Cunicultura Galega, S.L.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Meaño, Cesullas, 15149 Cabana de Bergantiños (A Coruña).