Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1178/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos seguidos neste xulgado co n.º 1178/2009 se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestación de reclamación de cantidade 1178/2009, sendo demandante Carolina Martínez García, asistida polo letrado sr. Tomé Santiago, e demandada a empresa S.G.R. Análisis y Diagnosis, S.L.

Dispoño que debo admitir e admito a demanda interposta por parte de Carolina Martínez García contra a empresa S.G.R. Análisis y Diagnosis, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboarlle a Carolina Martínez García a cantidade de 5.496,28 euros, que debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%, ben que, unicamente, respecto dos conceptos de carácter exclusivamente salarial.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Ana Rodríguez Piorno, asinado. Publicada no día da data».

E para que lle sirva de notificación en forma a S.G.R. Análisis y Diagnosis, S.L., en paradoiro ignorado, expídese esta cédula para a súa publicación no DOG e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de abril de 2012.

A secretaria xudicial