Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2012 pola que se lle dá publicidade ao cofinanciamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, na subministración de equipamento microinformático para a Rede de Bibliotecas de Galicia.

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro das facultades que lle confire a Orde do 25 de xaneiro de 2012, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade da actuación xa contratada e cofinanciada pola Unión Europea que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: extinta Consellería de Cultura e Turismo.

b) Tipo de contrato: subministración.

2. Obxecto do contrato:

a) Título: subministración de equipamento microinformático para a Rede de Bibliotecas de Galicia.

b) Orzamento base de licitación: 130.603,45 euros, IVE excluído.

c) Adxudicataria: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Orzamento de adxudicación: 115.900 euros, IVE excluído.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada nun 70% polos fondos da Unión Europea no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, a través do eixe 5, tema prioritario 59.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012.

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria