Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2012 Páx. 17762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, para contratar o servizo de limpeza de edificios e oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (expediente 30/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga n.º 9, 1.º andar, C.C. Elviña.

3. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4. Teléfono: 981 18 57 10.

5. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

6. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: 28 de maio de 2012, ás 14.00 horas.

d) Número de expedientes: 1.

e) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 10 de abril de 2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente n.º 30/2012.

Servizo de limpeza xeral dos locais da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar, do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación de Ferrol, das oficinas de emprego e dos edificios dos centros de formación e unidades de acción formativa, da provincia da Coruña.

c) División por lotes: 3 lotes.

d) Prazo de execución: desde o 1 de xullo de 2012 ata o 30 de xuño de 2014.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: setecentos trinta mil seiscentos setenta e sete euros con noventa e sete céntimos (730.677,97€). IVE (18%): cento trinta e un mil cincocentos vinte e dous euros con tres céntimos (131.522,03 €). Importe total: oitocentos sesenta e dous mil douscentos euros (862.200,00 €).

Dividido por lotes:

Lote 1. Importe neto: 196.610,17 €. IVE (18%): 35.389,83 €. Importe total: 232.000,00 €.

Lote 2. Importe neto: 271.186,44 €. IVE (18%): 48.813,56 €. Importe total: 320.000,00 €.

Lote 3. Importe neto: 262.881,36 €. IVE (18%): 47.318,64 €. Importe total: 310.200,00 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares, puntos 14 e 15 da folla de especificacións.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 28 de maio de 2012.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga n.º 9, 1.º andar, C.C. Elviña

3. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avda. Salvador de Madariaga, n.º 9, 1.º andar, C.C. Elviña. 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 9.00 horas do 5 de xuño de 2012.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ver o prego de cláusulas administrativas particulares, punto 24 da folla de especificacións.

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 13 de abril de 2012.

P.D. (Orde 19.8.2009)
Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña