Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17622

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de información pública.

Airas Moniz, S.L. solicitou licenza para diversificación de produción en explotación gandeira coa implantación de industria de elaboración de queixos e postres lácteos no lugar do Outeiro, parroquia de San Salvador de Asma, neste municipio. Ao abeiro do establecido no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España, n.º 1, Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, de ser o caso, efectuar as correspondentes reclamacións.

Chantada, 3 de maio de 2012.

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde