Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17623

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de informacion pública sobre licenza de actividade para elaboración e envasado de peixe e conxelación.

Finalidade da licenza de actividade: elaboración e envasado de peixe e conxelación, (epígrafe 1.14.1 do anexo I do Decreto 133/2008, do 12 de xuño).

Clasificación do solo: solo urbano industrial.

Situación: polígono industrial de Xarás, parcelas n.º 17-18, Ribeira.

Promotor: Pescados Hermanos Lijó, S.L.

Autor/a proxecto: Marcos Riera Táboas e Ramón Magdalena Nogueira.

Proxecto: proxecto de actividade da industria de elaboración e empaquetado de peixe con almacéns frigoríficos visado polo C.O.E.A.G. de data 18.3.2011.

En cumprimento do disposto no artículo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ribeira, 12 de abril de 2012.

Manuel Ruíz Rivas
Alcalde