Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre un proxecto de nave para recría de xovencas.

José Luis Otero Cuesta en representación de S.A.T. Otero Novo, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para o proxecto de nave para recría de xovencas, na parcela número 77 do polígono 102, da parroquia de Coea, do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 2 de maio de 2012.

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde