Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 10 de maio de 2012 Páx. 17483

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 17/2011, do 15 de xuño, de seguridade alimentaria e nutrición.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do tribunal constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo na presente resolución.

Santiago de Compsotela, 18 de abril de 2012.

Gonzalo José Ordóñez Puime
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do
Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 17/2011,
do 15 de xuño, de seguridade alimentaria e nutrición

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do día 21 de marzo de 2012, adoptou o seguinte acordo:

1.º De conformidade coas negociacións previas do grupo de traballo consitutuído ao abeiro do previsto no Acordo da Comisión Bilateral Comunidade Autónoma de Galicia-Administración Xeral do Estado do 28 de setembro de 2011, para o estudo e proposta de solución das discrepancias manifestadas sobre a Lei 17/2011, do 15 de xuño, de seguridade alimentaria e nutrición, ambas as dúas partes as consideran solucionadas de conformidade coas actuacións desenvolvidas e en razón do compromiso seguinte:

En relación coas discrepancias manifestadas sobre o artigo 40, número 3, en canto determina a necesidade de que as comidas servidas nas escolas infantís e centros escolares sexan supervisadas por profesionais con formación acreditada en nutrición humana e dietética, ambas as dúas partes coinciden en interpretar o dito precepto no sentido de que permite, entre outras posibilidades, que a dita obriga poida ser atendida por persoal adscrito ao Servicio Galego de Saúde logo de convenio cos lexitimados para o efecto.

2.º En razón ao acordo acadado, as dúas partes coinciden en considerar resoltas as discrepancias manifestadas en relación con distintos preceptos da Lei 17/2011, do 15 de xuño, de seguridade alimentaria e nutrición, e concluída a controversia formulada.

3.º Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional, antes do vindeiro día 6 de abril, para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 21 de marzo de 2012.

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela
Ministro de Facenda Conselleiro de Presidencia,
e Administracións Públicas Administracións Públicas e Xustiza