Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación de Productores y Distribuidores de Energía de Galicia (APYDE).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse, o 10 de abril de 2012, certificación expedida polo secretario da referida asociacion e avalada co visto e prace do presidente, onde reflicte o acordo acadado na xunta xeral do 15 de decembro de 2011, e que consiste no cambio de domicilio social, que en virtude do dito cambio pasa a ser na praza de Europa, 15 A, 4.º A, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2012.

Odilo Martiña Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais