Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís da provincia de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: Rolda da Muralla, 70-baixo.

3. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4. Teléfono: 982 29 41 01.

5. Fax: 982 29 49 74.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

7. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) N.º de expediente: 33/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de restauración, mantemento e limpeza do albergue xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín), do albergue xuvenil Area (Viveiro), do campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo) e do campamento xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Albergue xuvenil Area, Praia de Area, 27850 Viveiro.

Albergue xuvenil Benigno Quiroga, avda. de Sarria, 20, 27178 Portomarín.

Campamento xuvenil Os Chacotes, 27200 Palas de Rei.

Campamento xuvenil A Devesa, 27700 A Devesa, Ribadeo.

e) Prazo de execución: do 8 de xuño ao 3 de setembro.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55100000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver o prego.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: douscentos trinta e seis mil oitocentos oitenta e sete euros con catro céntimos (236.887,04 €).

IVE (8%): dezaoito mil novecentos cincuenta euros con noventa e seis céntimos (18.950,96 €).

Importe total: douscentos cincuenta e cinco mil oitocentos trinta e oito euros (255.838,00 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe da adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver o prego.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, Rolda da Muralla, 70 baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 23 de abril de 2012.

P.D. (Orde 19.8.2009)
Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo