Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 19 de abril de 2012 polo que se lle notifica á Asociación de Mediación Social de Galicia o acordo de inicio do procedemento de reintegro parcial da subvención para o ano 2011 (expediente BS620A 2011/09-0).

Intentada a notificación, no último domicilio coñecido, á Asociación de Mediación Social de Galicia (NIF G70104815) do Acordo do 23 de xaneiro de 2011 de inicio do procedemento de reintegro parcial da subvención concedida á dita asociación para o ano 2011, non foi posible realizala. Polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á notificación do devandito acordo, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Conforme o artigo 77.3 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), este acordo de inicio interrompe o prazo de prescrición da que dispón a Administración para exixir o reintegro, de acordo co establecido no artigo 35 da Lei de subvencións de Galicia, que indica que prescribirá aos catro anos.

Os representantes da persoa xurídica interesada poderán examinar o acordo completo no Servizo de Prestacións encadrado na Subdirección Xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais, situado no edificio administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De conformidade co establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle á persoa xurídica interesada un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste acordo, ou desde o día seguinte ao último da súa exposición no taboleiro de anuncios e editos do Concello de Vigo, co fin de que poida presentar as alegacións e os documentos e xustificantes que considere oportunos para a defensa dos seus intereses. Transcorrido o dito prazo, e aínda que a persoa xurídica interesada non se acolla ao dereito de presentar alegacións e documentos, esta consellería ditará a resolución que proceda en relación co procedemento de reintegro.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Persoa xurídica a que vai dirixida esta notificación: Asociación de Mediación Social de Galicia. NIF: G70104815.

Último enderezo coñecido: rúa Venezuela 12, 1.º E, 36203 Vigo (Pontevedra).

Data do acordo: 23 de xaneiro de 2011.

Asunto: Acordo do 23 de xaneiro de 2011 de inicio do procedemento de reintegro parcial da subvención concedida á Asociación de Mediación Social de Galicia para o ano 2011, ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para o mantemento e a promoción de actividades e programas na área de servizos sociais comunitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.