Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo (expediente IN407A 309/2010).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I e anexo II da L.M.T.S., C.S. Lugar do Bosque-rúa Os Templarios.

Situación: concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea subestación San Marcos-C.S. Lugar O Bosque a 15/20 kV, cunha lonxitude de 3,580 km, en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20kV 3(1×240) mm2 Al, coa orixe en cela de liña existente na subestación de San Marcos (expediente 27.663) e final en cela de liña no C.S. Lugar O Bosque proxectado, establecéndose o tramo entre a subestación e o punto 2 baixo canalización existente na L.M.T.S. liña Cero San Marcos (expediente IN407A 2000/036).

– Liña de media tensión subterránea C.S. Lugar O Bosque-C.S. rúa Os Templarios a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,952 km, en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, coa orixe en cela de liña no C.S. Lugar O Bosque proxectado e final en cela de liña no C.S. rúa Os Templarios.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea C.S. rúa Os Templarios a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,126 km, en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, coa orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. SMC-715 (expediente IN407A 2000/036), tramo entre a subestación de San Marcos (expediente 27663) e o C.T. Fonteculler (expediente 26702), e final en C.S. rúa Os Templarios proxectado no que realizará entrada e saída.

– Centro de seccionamento prefabricado en rúa Os Templarios, tipo 3L, situado no Burgo, no concello de Culleredo.

– Centro de seccionamento prefabricado Lugar do Bosque, de tipo 4L telecontrolado, situado de forma provisional na marxe dereita da antiga vía de acceso ao aeroporto, fronte ao aparcadoiro provisional, no concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña