Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 231/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado do recuamento de L.M.T. e C.S. lugar de Curro-Alvedro.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea SBN-715B a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,701 km, con orixe no paso aéreo-subterráneo que se realizará no apoio n.º 57 proxectado de tipo C LF-16/3.000 da L.M.T. SBN-715B, tramo entre o C.T. Culleredo e derivada ao C.T. Fonte Igrexa, en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no paso aéreo-subterráneo a realizar no apoio n.º 59 proxectado tipo C FL-14/3.000 da L.M.T. SBN-715B, tramo entre o C.T. Culleredo a C.T. Fonte Igrexa tras realizar entrada e saída no C.S. Curro-Alvedro proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea derivada a C.T. Tarrío a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,034 km, coa orixe en cela de liña do C.S. Currro-Alvedro proxectado, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×150 Al) e final no paso aéreo-subterráneo que se realizará no apoio n.º 2 proxectado tipo C FL-14/2.000 de la L.M.T. SBN-715B, derivada a C.T. Tarrío.

– Centro de seccionamento prefabricado manobra exterior 3L.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 23 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña