Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17365

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola que se procede á publicación da relación de aspirantes que superaron a fase de oposición e de concurso.

En sesión realizada o día 30 de abril de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de maio de 2011 (DOG n.º 96, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG n.º 1, do 3 de xaneiro de 2011), acordou:

Primeiro. Facer pública, de conformidade coa base V.2, a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición e de concurso do proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, e que figura como anexo a esta resolución.

De acordo coa dita base, os aspirantes dispoñen dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista nas súas alíneas a), b), c) e d).

Segundo. Elevar a devandita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como funcionarios en prácticas dos aspirantes que figuran nela.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2012.

Ana Morato Miguel
Presidenta do tribunal

Anexo

NIF

Apelidos e nome

1.º ex.

2.º ex.

3.º ex.

4.º ex.

5.º ex.

Total oposición

Total concurso

Total

45846554X

Zapata Quintela, Beatriz

11,73

19,47

20,53

31,00

Exenta

82,73

0,00

82,73

33316318J

Teijeiro Pena, Susana

10,00

15,65

16,94

31,60

Exenta

74,19

0,00

74,19

32675026F

Rodríguez Fernández, María Patricia

10,54

15,00

15,44

21,62

Exenta

62,60

2,43

65,03