Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 9 de maio de 2012 Páx. 17364

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de maio de 2012 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

A Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, dispón na base II.1.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o segundo exercicio o día 10 de abril de 2012, tendo en conta diversas cuestións relacionadas coa organización do terceiro exercicio e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador do proceso, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda