Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 3 de abril de 2012, do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de apertura de expedientes sancionadores 042/12 e 050/12.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que se citan a continuación as notificacións de apertura de expedientes sancionadores instruidos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG n.º 210, do 31 de outubro).

N.º de expediente: 042/12.

Denunciado: Sodagard, S.L.

Enderezo: r/ Juan Bautista Andrade, 84, ático, 36005 Pontevedra.

N.º de expediente: 050/12.

Denunciada: Carmen González Pousada.

Enderezo: r/ Doutor Ulloa, 36913 Marín, Pontevedra.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1.º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 3 de abril de 2012.

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas