Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 12 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0009/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o inicio do procedemento sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 12 de abril de 2012.

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Emilio Nava Peláez.

Expediente: ES-P-0009/12.

Último domicilio coñecido: rúa Antonio Palacios, núm. 52, 6.º B. O Porriño, Pontevedra.

Indicación do contido: acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador contra Emilio Nava Peláez, como suposto responsable dunha infracción moi grave prevista no artigo 54.1.d) da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia (DOG núm. 151, do 6 de agosto).

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE núm. 189, do 9 de agosto) concédeselle ao interesado un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos ou informacións que xulgue adecuados e, de ser o caso, propoñer probas concretando os medios de que pretenda valerse.